Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com



12/05/2016
VIII Cumetapas
Este venres preséntase a nova edición do Cume Tapas
 
21/04/2016
TUNEL DE VIÑOS PREMIADOS NO CENTRO DO VIÑO 2016
Dende o Centro do Viño estamos a organizar unha actividade de cata adicada aos viños de Ribeira Sacra que veñen sendo premiados no que vai de ano.
 
19/03/2016
Visitas guiadas por Monforte de Lemos
O Centro do Viño, Concello de Monforte e MáisqueRománico organizan unha completa ruta guiada pola cidade de Monforte durante a Semana Santa.
 
18/02/2016
Brettanomyces, coñecemento e control na adega
O Xoves 18 de Febreiro ás 17:45 celébrase no Centro do Viño unha Xornada Técnica sobre Brettanomyces e cata de viños orientada a profesionáis, dirixida por Pepe Heras, director técnico-I+D de Lallemand
 
17/12/2015
Cata de Espumosos, Espumantes, Cavas y Champagne.
Unha inmellorable oportunidade de descubrir máis sobre estes viños
 
03/12/2015
Presentación Cervexa Chacueca
Este sábado ás 19:00h o Centro do Viño acolle a presentación da cervexa Chacueca Craft Beer.
 
28/11/2015
Resultados da 2ª Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra
REGINA VIARUM E DON BERNARDINO OS GRANDES TRIUNFADDORES DA CATA DE VIÑOS DA D.O. RIBEIRA SACRA CELEBRADA NO CENTRO DO VIÑO.
 
20/10/2015
Nos últimos catro meses foron atendidas na oficina de turismo 7286 persoas nacionais, 785 extranxeiros e contabilizáronse 1820 visitas ao Espazo Musesístico.

As visitas ao museo creceron un 14% con respecto  ao mesmo periodo do pasado ano. O turismo extranxeiro incrementouse  un 40%  e un 7% o nacional. Na  oficina de turismo foron atendidas  persoas de 50 provincias diferentes, e dunha trintena de nacionalidades dos cinco continentes, sendo  franceses e ingleses os máis habituais.

 
16/10/2015
Xornada Micolóxica de recolección e degustación de cogomelos e viños da Ribeira Sacra.
O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza unha xornada micolóxica de recolección, degustación e maridaxe de cogomelos e viños da Ribeira Sacra. Será o domingo 25 de Outubro a partir das 10 da mañá.
 
13/09/2015
Cata de Uvas e Viños de variedades tintas
Aproveitando a época de vendimas na que nos atopamos,e tendo enconta a boa acollida que sempre tivo esta actividade, por terceiro ano consecutivo, o Centro do Viño da Ribeira Sacra prepara unha nova cata de uvas.
 
06/09/2015
AGOSTO FOI UN BO MES PARA O TURISMO NA RIBEIRA SACRA.
No Centro do Viño foron atendidas 4.666 persoas. 3.970 solicitaron información turística na oficina de turismo ubicada neste Centro, o que supón 329 máis que no mesmo mes do pasado ano. Polo que respecta ao Espazo Museístico foi visitado por 696 persoas, incrementándose a cifra con respecto o 2.014 en 236 persoas.
 
22/07/2015
Presentación libro de recetas
"Postres y otras Dulcerías" de Pamela Rodríguez, libro de recetas editado por Larousse será presentado este xoves 23 de xullo no Centro do Viño ás 20:00h.
 
08/07/2015
Este xoves 9 de xullo ás 21h inaugúrase no Centro do Viño “Creacións Interiores:artistas da Ribeira Sacra"
Expóñense traballos de variada temática e diferentes técnicas: pintura,escultura, fotografías, video creacións..., traballos de creadores que teñen como nexo de unión pertencer ou residir na Ribeira Sacra.
 
02/07/2015
Presentación do Centro do Viño no Encontro Artesán de Agolada.
Despois de ter representado a Monforte e ao resto da Ribeira Sacra  na Feira de turismo que o Eixo Atlántico organizou en Viana do Castelo o pasado mes de xuño, o Centro do Viño prepara nova acción promocional no encontro artesá de Agolada.
 
19/06/2015
Xornada de Cervexas Artesanáis
1ª Xornada adicada ás Cervexas Artesás e feitas en Galicia na que reunimos diversos proxectos cervexeiros, tanto caseiros coma profesionais.
 
16/06/2015
Xornada de Promoción do Patrimonio: Breogán Arqueoloxía
“Da nada ao todo; estudo e posta en valor da necrópole rupestre medieval de San Vítor de Barxacova”.
 
12/06/2015
Segundo ano de xestión da empresa Rutas Sacras Nomar no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
O xerente da empresa, Jose Ramón Martínez Mareque, fixo balance dos últimos doce meses acompañado do alcalde en funcións do concello de Monforte, Severino Rodriguez Díaz.
 
29/05/2015
4ª Xornadas de Portas Abertas
Este fin de semana celébranse as 4as Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño en Ribeira Sacra, nas que tamén participa o Centro do Viño
 
20/05/2015
O Viño fala en Latín: O legado da Cultura Clásica no mundo do viño
Seguimos no Centro do Viño coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra e dentro deste ciclo de conferencias temos unha programada para este venres día 22 de Maio ás 20 horas.
 
29/04/2015
Presentación de Val do Frade
Seguimos dando a coñecer elaboracións da Ribeira Sacra no Centro do Viño coa presentación de Val do Frade, elaborado por María Purificación Díaz Ferreiro. Será o xoves 30 de Abril de 2015 na Vinoteca do Centro do Viño ás 20:00 horas.
 
22/04/2015
Conferencia de Sol Zamuz
"O Recendo da Ribeira Sacra, o interese dos compostos biosaludábeis" e o título da conferencia da Dra. Sol Zamuz que se celebrará este venres día 24 de Abril no Salón de Actos do Centro do Viño ás 20:00 horas.
 
16/04/2015
Presentada a 2ª Edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra que se vai celebrar no Claustro do Centro este sábado día 18 de Abril.
O longo da xornada poderase catar viño elaborado por 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Para homenaxear a cultura fluvial relacionada coa viticultura, en colaboración do Ecomuseo de Arxeriz, será colocada unha barca de pouso na rúa do Comercio,diante do Centro, mentres dure a Festa.
 
12/04/2015
Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra.
Será o día 18 de Abril no Claustro do Centro do Viño. 2ª Edición dun evento que pretende axudar a promocionar os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Posibilidade de probar varios viños, música en directo e sorpresas das que informaremos póximamente.
 
26/03/2015
Seguimos coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra.
"A presenza do Mestre Mateo no Sur da provincia de Lugo" é o tema da seguinte charla a cargo da historiadora Begoña González Aguiar. Será o día 11 de Abril as seis da tarde no salón do Centro.
 
18/03/2015
Nova etiqueta para "Viña Peón".
Cambio de imaxe para presentala nova colleita. Poderase catar e comentar este xoves día 19 de Marzo no Centro do Viño a partir das 20H.
 
13/03/2015
Segunda Edición das Xornadas de promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra no Centro do Viño.
Este sábado día 14 de Marzo, a partir das 18:00 horas, no salón de actos do Centro, Elia Rodríguez Montero, Historiadora da Arte pola UNED, falará do Colexio da Nosa Señora da Antiga: “Un paseo por el arte: El Escorial Gallego”.
 
08/03/2015
Presentación do viño "Tolo do Xisto".
Este xoves día 12 de marzo a partir das 8 da tarde no Centro do Viño. Un novo proxecto enolóxico que nace na Ribeira Sacra da man da adega catalá “Coca i Fitó” da D.O. Montsant e a enóloga galega Andrea Obenza.
 
26/02/2015
Cata de Augardentes o día 5 de marzo de 6 a 8 da tarde.
Estará dirixida por Hixinio Rodeiro, técnico do Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia e servirá para que os participantes coñezan a singularidade e as características de cada un dos productos amparados polo citado Consello Regulador:augardente de bagazo, augardente envellecida, augardente de herbas, licor de herbas e licor café.
 
17/02/2015
O Centro do Viño traballa por ser Centro de referencia na Ribeira Sacra.
Na oficina de turismo foron atendidas o pasado ano 11.682 persoas. O Espazo Museístico do Centro reibiu 3.413 visitantes. 109 peregrinos do Camino de Inverno selaron no Centro as súas credenciais.
 
11/02/2015
Seguimos ayudando a promocionar oel carnaval tradicional.
El Centro del Vino acoge a partir de este jueves día 12 de Febrero una exposición sobre los dos carnavales singulares que se mantienen vivos en la provincia de Lugo, el Entroido Ribeirao, en Chantada, y el Oso de Salcedo, en Pobra de Brollón. La inauguración será este jueves día 12 a las 20H.
 
06/02/2015
Este sábado día 7 de Febreiro as 5 da tarde tes unha cita co Entroido tradicional.
Volantes, mecos e peliqueiros do Entroido Ribeirao e madamas, danzantes, criados e o OSO de Salcedo. Verémolos en acción e coñeceremos algo máis da súa historia.
 
05/02/2015
Presentada a plataforma de "venta on line" do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Unha páxina de venta electrónica, http://centrovino.es/video/, con máis de 180 marcas de viños da D.O Ribeira Sacra, ademáis de augardentes e licores, e a que tamén se pode acceder a través dun código QR que levarán todalas botellas que se vendan na tenda do Centro.
 
30/01/2015
Preséntase no Centro do Viño unha investigación pioneira feita na Ribeira Sacra.
Iria Rodriguez Vega, autora do estudo, será a encargada de presentalos resultados este sábado día 31 de xaneiro as seis da tarde.
 
20/01/2015
O Centro do Viño da Ribeira Sacra entre os seis mellores museos de España dedicados ao sector vitivinícola.
Así é catalogado por Uvinum un dos blogs de máis proxección entre os afeccionados ao mundo da viticultura neste país.
 
09/01/2015
"Erase una vez" do 10 ao 31 de xaneiro exposición fotográfica de Santi Xander.
Este fotógrafo madrileño está considerado un dos artistas máis innovadores do sector. A mostra pode ser visitada na Galería do Centro do Viño e conta co patrocinio da Asociación Europea de Ferroviarios.
 
08/01/2015
O sábado día 10 de xaneiro recibiremos no Centro do Viño a membros da Asociación Europea de Ferroviarios.
Celebran asemblea de socios e gozarán dun amplo programa de actividades ás que se poden sumar todos os que estean interesados.
 
06/01/2015
Os mellores tintos de Galicia elabóranse en Ribeira Sacra.
Dos 336 viños galegos que aparecen puntuados en Robert Parker´s Wine Advocate,60 están elaborados en adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibindo 42 deles puntuacións por enriba de 90 o que representa un 70% do total de los puntuados.
 
02/01/2015
90 medallas para os viños da Ribeira Sacra na "Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2015, do sumiller Luis Paadín.
Esta cifra case triplica as 35 distincións que os viños de esta Denominación lograron na anterior edición de 2014.
 
23/12/2014
Bo Nadal e Próspero Ano 2015.
 
19/12/2014
Cata de escumosos, cavas e champañas o sábado 27 de Decembro as 6 da tarde.
Un achegamento ás principais características dun champán francés, un cava catalá e os viños escumosos que se elaboran en distintos puntos de España, entre eles os galegos, que dun tempo a esta parte aparecen cada vez con máis forza e variedade no mercado.
 
10/12/2014
Finca Míllara presenta BETERNA.
Un novo viño tinto con seis meses de barrica que darán a coñecer este xoves día 11 de Decembro a partir das 20H na tenda do Centro do Viño. Do acto participará en representación da adega José Alfonso Luna e o enólogo desta Roberto Mosteiro.
 
03/12/2014
Este xoves día 4 de Decembro presentación dos viños da adega Lar de Ricobao.
Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro. Acompañaranos en representación da adega Julio Quiroga Zarauza e o enólogo Luis Buitrón. Elaboran tintos e brancos vinificando distintas variedades de uvas como Mencía, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño, Garnacha, Treixadura e Godello. Disto saen viños diferentes que se poderán catar e comentar na presentación deste xoves.
 
29/11/2014
Entregados os premios da cata de viños "Patrimonio Ribeira Sacra"
Participaron 110 viños de 54 adegas da D.O Ribeira Sacra e repartíronse 18 premios. Seis trofeos "Gran Patrimonio Ribeira Sacra " equivalente a medalla de ouro e doce diplomas "Patrimonio Ribeira Sacra" equivalente a medalla de prata.
 
21/11/2014
Cata concurso de viños "Patrimonio Ribeira Sacra"
Entre hoxe venres día 21 e maña sábado día 22, cataranse os 110 viños participantes pertencentes a 54 adegas da D.O. Ribeira Sacra. En xogo hai 17 trofeos: "Gran Patrimonio Ribeira Sacra" e "Patrimonio Ribeira Sacra"
 
19/11/2014
Xornada Técnica sobre a evolución dos Espazos Comerciais.
Monforte acolle este venres día 21 de novembro unha xornada técnica sobre "A transformación dos Espazos Comerciais". Actividade organizada polo concello de Monforte, desenvolverá na sala multiusos do Centro do Viño dende as 9:30 da maña.
 
24/10/2014
Cata de iniciación ao mundo do viño.
O Xoves día 30 de Outubro as 7 da tarde. Nocións básicas para saber identificar a idade, graduación, olores e sabores do viño.
 
15/10/2014
Mans de mulleres.
É o título da exposición que organizou no Claustro do Centro do Viño o persoal da Concellaría de Igualdade para celebrar o día da muller rural.
 
03/10/2014
Lois Diéguez presenta o seu último libro no Centro do Viño.
"Lugo, a cidade dos tesouros encantados" é o título desta publicación coa que repasa arte, lugares e persoaxes da capitalidade provincial. Un libro editado por Engaiolarte Edicións.
 
02/10/2014
O Centro do Viño súmase a promoción do Camino de Inverno a Santiago.
A Galería do Centro acolle todo o mes de Outubro unha exposición que recolle os 15 anos de historia da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.
 
25/09/2014
Talleres Escolares en el Centro del Vino de la Ribeira Sacra.
Se promueven visitas escolares al Espacio Museístico del Centro durante todo el curso escolar. Visitas al museo que terminan con la realización de talleres adaptados a las edades de los niños. El objetivo es promover entre los estudiantes un mejor conocimiento de la Ribeira Sacra.
 
17/09/2014
Seguimos catando uvas no Centro do Viño.
Este venres día 19 as 20H o enólogo Alfonso Losada repite experiencia e dirixirá unha nova cata.
 
06/09/2014
Cata de uvas no Centro do Viño da Ribeira Sacra o venres día 12 de setembro.
O obxetivo desta cata é facilitar un mellor coñecemento das variedades que temos na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A cata estará dirixida polo enólogo Alfonso Losada xefe de enología da Estación de Viticultura de Leiro e desenvolverase a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro. Ó prezo de inscripción é de 10 euros e as prazas limitadas.
 
04/09/2014
Nos tres meses de verán vendéronse na vinoteca do Centro 4.633 botellas de viño acollido a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Representa un 18% de incremento con respecto o mesmo período do pasado ano. Vendéronse 177 viños diferentes o que convirte a esta vinoteca no mellor escaparate dos viños desta Denominación de Orixe.
 
28/08/2014
Obradoiro de coiro para pechar os "Sábados Artesáns".
Fernando Peña Novo e José Ramón Lleó serán os encargados de ensinar como se traballa o coiro ao longo das demostracións que realizarán este sábado día 30 de Agosto entre as 11 da mañá e as 2 da tarde no Claustro do Centro do Viño.
 
22/08/2014
Feira de Artesanía no Claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
A Asociación de Artesáns Terra de Lemos, en colaboración do Centro do Viño da Ribeira Sacra e do Concello de Monforte celebra esta fin de semana unha Feira de Artesanía no Claustro do Centro do Viño.
 
17/08/2014
Gravados de Nando Vázquez no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
A exposición será inaugurada este martes día 19 as 20H e poderá ser visita na Galería do Centro ata o día 21 de setembro.
 
15/08/2014
Obradoiro de cerámica no Claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Este sábado día 16 de 11 da maña a 2 da tarde.
 
02/08/2014
Cata de viños brancos galegos elaborados con variedades autóctonas.
Será o próximo venres día 8 de Agosto no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra a partir das 8 da tarde. Estará dirixida polo xefe de enoloxía da Estación de Viticultura de Leiro, o enólogo Alfonso Losada Quiroga.
 
01/08/2014
ÓLEOS DE ANGELES RODRIGUEZ NO CENTRO DO VIÑO.
Este venres día 1 de Agosto será inaugurada unha Exposición de pintura de Mª Angeles Rodríguez Quiroga.
 
30/07/2014
Viño e poesía.
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 31 de Xullo as 8:30 da tarde a presentación do libro de poemas “No ahogar pescado ni comerlo sentimentalmente” da poetisa Patricia Meira.
 
25/07/2014
Sábados Artesáns no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Todolos sábados de Agosto, por segundo ano consecutivo, de 11 da maña a 2 da tarde ofreceranse demostracións en vivo de diversos labores artesás.
 
13/07/2014
O Centro do Viño promove unha charla sobre os recursos turísticos da Ribeira Sacra
Será o martes día 15 de Xullo as 17:30H.
 
03/07/2014
O "Entroido Ribeirao" en imaxes.
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle a mostra fotográfica “Entroido Ribeirao 2014” do xoven pintor, fotógrafo e artista chantadino Jairo Ramos Rey. A inauguración da exposición será na galería do Centro o xoves 3 de Xullo de 2014, as 20:00h. Poderá ser visitada ata o día 20.
 
24/06/2014
Información turística.
O Centro do Viño ideouse como punto de encontro coa Ribeira Sacra en todolos aspectos, tanto para os veciños da zona como para quenes nos visitan.
 
22/06/2014
O Centro é un punto de encontro coa cultura do viño.
O sector vitícola, ademáis de ser un dos eixos fundamentais da economía da zona, é unha peza crave para potenciar o sector turístico galego e faise imprescindible no caso da Ribeira Sacra.
 
21/06/2014
UN ANO DE ACTIVIDADE NO CENTRO DO VIÑO.
Os responsables da empresa Rutas Sacras Nomar, Noelia Iglesias e José Ramón M.Mareque, fan balance acompañados do alcalde de Monforte Severino Rodriguez, do ano de xestión no Centro.
 
04/06/2014
Nova imaxe corporativa para os viños elaborados por Adegas Guímaro.
Será presentada este sábado día 7 de Xuño as 12 da maña no Claustro do Centro. Participará do acto o adegueiro Pedro Manuel Rodriguez Pérez, o deseñador da etiqueta Raúl Suárez e o enólogo Luis Buitrón.
 
29/05/2014
Artesanía en movemento no Centro do Viño.
O Espazo Museístico do Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá este venres día 30 de Maio, a partir das 8 da tarde, un desfile de moda. Roupa, calzado e complementos elaborados artesanalmente. Algunhas das pezas son de fantasía, en homenaxe os viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra, con representacións de vides, acios, uvas e viño.
 
22/05/2014
"Once lugares encantados da Ribeira Sacra".
É o título elexido polo escritor Lois Diéguez para a charla que pronunciará este sábado día 24 de Maio as 6 da tarde no salón de actos do Centro do Viño.
 
18/05/2014
Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro Mencía. Espectáculo de narración oral sobre o viño.
Un monólogo do narrador lucense Lois Pérez este xoves día 22 de Maio as 20H no salón de actos do Centro do viño.
 
11/05/2014
"CRYSTILANDIA!. Na procura do elemento máxico que existe na realidade.
Exposición de pintura de Cristina Vázquez que se inaugura este xoves día 15 de Maio na Galeria do Centro do Viño as 20H.
 
06/05/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 8 de Maio a presentación do viño “Preanes”.
Será as 20:00 horas no Claustro do Centro.
 
21/04/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra súmase a celebración do Día Internacional do Libro.
Este mércores día 23 de Abril acolle a presentación do último libro de poemas que vén de publicar a escritora Helena Villar Janeiro:“Remontar o río”.
 
19/04/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza unha cata comparativa de viños.
Utilizaranse 8 viños tintos elaborados coa variedade Mencía e cataranse tamén 5 viños Brancos niste caso elaborados coa variedade Albarín. A cata será o sábado día 26 de Abril a partir das 11:30 da maña. O prezo de inscripción é de 15 Euros. Máximo 20 persoas.
 
16/04/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves a presentación do viño MONCHA POMBO.
Trátase dun Mencía elaborado pola adega Beli na Subzona de Ribeiras do Miño, no Saviñao. Na presentación intervirán en representación da adega Belisario Montes e o enólogo Roberto Regal. O acto será no Claustro do Centro do Viño e inclue unha velada musical coa actuación do cantautor Emilio Rúa e a Charanga Verdes Retoños.
 
09/04/2014
O centro do Viño acolle este xoves a presentación de “Malcavada”.
Será a partir das 20.00 horas na vinoteca do Centro. En representación da adega encargarase da presentación Sonia Seijas que estará acompañada do enólogo Luis Buitrón e do sumiller Bruno Lovelle.
 
05/04/2014
O Centro do Viño acolle este sábado día 5 de Abril a presentación do vermú Nordesía.
Será a partir das 12 da maña no Claustro.
 
02/04/2014
Algueira presenta no Centro do Viño o Mencía de garda en carballo galego e o plurivarietal Cortezada.
A presentación será as 20H na vinoteca do Centro e dela encargaranse os responsables da adega Fernando González e Ana Pérez.
 
26/03/2014
Humor gráfico adicado ao viño.
Este xoves día 27 de Marzo inaugúrase no Centro do Viño unha exposición de viñetas que xiran entorno o viño: “Viño e Viñetas: humor gráfico adicado ao viño da Ribeira Sacra”.
 
19/03/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 20 de Marzo a presentación do viño “Quinta Toucedo”.
Será na vinoteca do Centro a partir das 20:00 horas. Da presentación encargaranse Ana María Gadín e Javier Mendoza en representación da ADEGA elaboradora, Atrium Vitis.
 
12/03/2014
Seguimos presentando viños da D.O. Ribeira Sacra.
O Centro do Viño acolle este xoves día 13 de Marzo de 2014 ás 20:00, o acto de presentación dos viños Quinta de Albarado Mencía e Quinta de Albarado Branco da adega As Oubenzas. Da presentación encargaranse Mª Jesús López Alvarado en representación da adega e o enólogo da mesma Roberto Regal.
 
09/03/2014
Do viño a través da Historia e da Arte falará a historiadora Monfortina Manuela Sáez González.
Será no salón de actos do Centro do Viño o sábado día 15 de Marzo as 18:00H. Esta charla forma parte das Xornadas de Promoción do Patrimonio Cultural da Ribeira Sacra que está desenvolvendo este Centro co obxeto de contribuir a posta en valor do patrimonio cultural, artístico e paisaxístico deste espazo xeográfico.
 
05/03/2014
Este xoves día 6 de Marzo no Centro do Viño da Ribeira Sacra preséntanse os viños “Condado de Sequeiras” do Grupo Peago.
Da presentación encargarase o enólogo Aarón Rey Calvo, en representación da adega. Estará acompañado polo sumiller chantadino, Bruno Lovelle Fernández. Presentarán Condado de Sequeiras Mencía, Condado de Sequeiras Branco e Condado de Sequeiras Barrica. O cociñeiro Damián Seijas encargarase de presentar unha selección de tapas para “maridar” con estes viños.
 
27/02/2014
Este sábado día 1 de Marzo celebramos no Centro do Viño a primeira edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra
O viño é o tesouro destas terras así que como tal chegará o Centro escoltado por lexionarios romanos da III Cohors Lucensium. A comitiva partirá as 11 da maña da Explanada da Compañia, pasando pola Rua Cardenal, ata o Centro do Viño onde 16 adegas presentarán no Claustro do Centro a Colleita do 2013.
 
23/02/2014
CURSO DE CATA NO CENTRO DO VIÑO OS DÍAS 7 E 8 DE MARZO
Serán duas xornadas de formación. A primeira o venres día 7 de Marzo en horario de tarde de 17:00 a 20:00 horas e o sábado día 8 en horario de maña de 10:00 a 13:00.
 
20/02/2014
Os primeros pasos … cara o Patrimonio da Humanidade.
O Centro do Viño segue coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra co obxeto de contribuir a posta en valor do patrimonio cultural deste espazo xeográfico.
 
19/02/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle estes xoves día 20 de Febreiro a presentación dos viños Sabatelius da adega Lareu.
Será na vinoteca do Centro a partir das 20.H e da presentación encargarase o adegueiro Manuel Primitivo Lareu e o enólogo Roberto Regal.
 
14/02/2014
Volantes, mecos e peliqueiros do Entroido Ribeirao visitan este sábado o Centro do Viño.
A partir das 12 da maña, Juan Carlos González Pérez, presidente da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, falará no salón de actos do Centro deste tradicional entroido e das figuras que o acompañan como os volantes, mecos e peliqueiros. Figuras moi vencelladas a ribeira e que teñen o seu espazo no Museo do Viño.
 
12/02/2014
A adega Ponte da Boga presenta este xoves no Centro do Viño “CAPRICHO DE MERENZAO”
A presentación será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro e do acto encargaráse Rubén Pérez Añón, director técnico da adega.
 
05/02/2014
O Grupo Bodegueiro “Prior de Pantón” presenta este xoves no Centro do Viño o mencía “Finca Cuarta”.
Da presentación, a partir das 20H, encargarase Rubén Moure Fernández, enólogo e xerente da adega elaboradora.
 
01/02/2014
Xornadas de promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra no Centro do Viño.
Deste xeito o Centro quere contribuir a posta en valor do patrimonio cultural da Ribeira Sacra organizando charlas que axuden a ampliar o coñecemento da riqueza que agocha este espazo xeográfico.
 
29/01/2014
Vel´Uveyra Mencía un dos mellores tintos de España será presentado este xoves día 30 de Xaneiro no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Será presentado tamén Vel´Uveyra godello. No acto intervirá María José Yravedra en representación de Ronsel do Sil, a adega elaboradora.
 
22/01/2014
O Centro do Viño acolle este xoves día 23 de Xaneiro a presentación dos viños da adega “Os Cipreses” da Subzona de Chantada.
No acto intervirá Cristina Vázquez, en representación da adega e o enólogo Roberto Regal.
 
19/01/2014
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá a partir do martes día 21 de Xaneiro unha exposición de fotografía de Iván Merayo.
A inauguración será este martes día 21 de Xaneiro as 20:00 horas.
 
15/01/2014
Coa presentación dos viños “Cruceiro” e “Cruceiro Rexio” o Centro do Viño recupera as presentacións semanais de viños da Ribeira Sacra.
Este xoves día 16 de Xaneiro, a partir das 20:00 horas, teremos ocasión de degustar e coñecer algo máis sobre as elaboracións que realiza a adega Cruceiro. O adegueiro Ramón Marcos Fernández presentará “Cruceiro” xove e o viño que elabora en barrica, “Cruceiro Rexio”.
 
30/12/2013
Cata de viños da Ribeira Sacra premiados no ano que remata.
Estamos a preparar unha cata ás cegas cos viños da Ribeira Sacra que foron premiados ao longo do 2013 en diferentes concursos. Será o venres día 10 de xaneiro de 2014 a partir das 20:00 horas. A cata estará dirixida polo enólogo Alfonso Losada Quiroga. Se está interesado/da en participar reserve xa a súa praza no Centro do Viño.
 
26/12/2013
Aprende a disfrutar do viño da Ribeira Sacra.
Este xoves día 26 de Decembro non temos presentación de viño, como facemos habitualmente os xoves, no seu lugar organizamos un curso de cata, dirixido polo sumiller Bruno Lobelle, finalista no Concurso Nariz de Ouro de España 2013.
 
19/12/2013
“Creacións Interiores” en el Centro del Vino de la Ribeira Sacra.
Una muestra multidisciplinar que pretende dar a conocer el potencial creativo de una docena de artistas de la Ribeira Sacra. La exposición será inaugurada en el Centro del Vino este jueves día 19 de Diciembre a las 20:00 horas y se podrá visitar en la Galería del Centro hasta el 16 de Enero.
 
11/12/2013
Este xoves día 12 de Decembro presentamos o viño Don Bernardino. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro.
Trátase dun viño Mencía elaborado pola ADEGA de Emilio Rodríguez Díaz en Santa Cruz de Brosmos, Sober, na Subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra. Da presentación encargaranse o adegueiro Emilio Rodríguez Díaz e Juan Angel Fernández Martínez.
 
06/12/2013
A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MONFORTE E O ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DO VIÑO LEVAN RECIBIDO EN SEIS MESES PRETO DE 9.400 VISITAS.
É o tempo que leva xestionando o Centro a empresa Rutas Sacras Nomar. Entre o 1 de xuño e o 30 de novembro atenderonse na oficina de turismo 7.690 consultas.Cifra a que hai que sumar as 1.692 persoas que neste tempo se achegaron o Centro do viño para visitar o espazo museístico.
 
04/12/2013
Este xoves día 5 de Decembro presentamos o Mencía Barrica "Don Diego"
Será a partir das 20:00 horas e da presentación encargarase Jorge Carnero Fiuza, responsable da adega elaboradora,"Viña Cazoga, e o enólogo Enrique Pérez Fernández.
 
27/11/2013
ADEGA MONDELO PRESENTA “PORVIDE” NO CENTRO DO VIÑO.
Será este xoves día 28 de Novembro na vinoteca do Centro a partir das 20:00 horas. Da presentación encargarase o adegueiro Manuel Mondelo Rodríguez.
 
26/11/2013
A vinoteca do Centro do Viño afiánzase como escaparate do viño da Ribeira Sacra.
É a única vinoteca especializada nesta Denominación. Oferta 136 marcas das cales 32 obtiveron máis de 90 puntos na Guía Peñín.
 
20/11/2013
Este xoves día 21 de novembro as 20:00 horas presentamos o viño Cividade.
Da presentación encargarase María Jesús López Cristóbal en representación da ADEGA José Ramón Verao Pérez, na que se elabora o devandito viño.
 
13/11/2013
Seguimos presentando viños da D.O. Ribeira Sacra. Este xoves día 14 de novembro coñeceremos algo máis de Pacio de donas.
É o primeiro viño albariño de garda que sae o mercado nesta denominación. Está elaborado pola adega Atrium Vitis en Touceado, no concello de Quiroga, na Subzona Quiroga-Bibei.
 
30/10/2013
Este xoves día 31 de Outubro de 2013 ás 20:00 horas, no Centro do Viño, daremos a coñecer o fallo do concurso do taller de fotografía “Vendimas na Ribeira Sacra”.
O taller desenvolveuse en duas xornadas. O sábado día 5 de outubro polas Ribeiras do Sil e o día 12 polas do Miño.
 
23/10/2013
Este jueves día 24 de Octubre presentamos el vino Mencía "Peza do Rei".
Será a partir de las 20 Horas y de la presentación se encargará el bodeguero César Enríquez que estará acompañado del enólogo Julio Ponce.
 
17/10/2013
Adega do Mollón presenta este xoves día 17 de outubro no Centro do Viño o tinto “POMBARES”
Da presentación encargaráse o adegueiro Antonio Calleja Lameiras responsable da adega na que se elabora o citado viño. O acto será as 20:00 horas.
 
10/10/2013
Este sábado damos continuidade ó Taller de fotografía: ”Vendimas na Ribeira Sacra” que encetamos o pasado sábado día 5.
A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Ruta do Viño e pretende poñer en valor o traballo da vendima. O taller inclue un concurso entre os participantes buscando as mellores fotos.
 
01/10/2013
TALLER DE FOTOGRAFÍA: VENDIMAS NA RIBEIRA SACRA
O Centro do Viño da Ribeira Sacra en colaboración do Consello Regulador e da Ruta do Viño organiza un taller de fotografía co que se pretende poñer en valor o traballo da vendima. Un taller que inclue un concurso entre os participantes buscando as mellores fotos.
 
21/09/2013
O Centro do Viño da Ribeira Sacra prepara unha cata de uvas.
Será este xoves día 26 a partir das 20.00 horas. Esta cata estará dirixida polo enólogo Julio Ponce.
 
18/09/2013
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves as 19:30 o acto de presentación da xenebra Ana. O novo producto que sacou o mercado Adegas Moure e do que falará Xosé Manuel Moure.
Trátase de unha xenebra Premium elaborada seguindo o proceso de doble destilación coñecido como London. Para o proceso de fabricación seleccionan o alcohol base en Inglaterra e na destileria de Adegas Moure realizan o ensamblaxe e a aromatización para obter o resultado final.
 
11/09/2013
Diversificar produción para ampliar mercado é a filosofía da adega Don Ramón que presenta este xoves no Centro os tres viños que elabora.
Da presentación, que será este xoves día 12 a 20:00 horas, encargaranse o adegueiro, José Ramón Casanova Aira e o enólogo da adega Julio Ponce.
 
07/09/2013
El Centro del Vino de la Ribeira Sacra punto de referencia turística para un alto porcentaje de los turistas que se acercan a la zona.
En el mes de agosto pasaron por la oficina de turismo 3.256 persoas. 353 visitaron el Espacio Museístico y en la vinoteca se vendieron este pasado mes 2.545 botellas de vino.
 
07/09/2013
O Centro do Viño da Ribeira Sacra punto de referencia turística para unha alta porcentaxe dos turistas que se achegan a zona.
No mes de agosto pasaron pola oficina de turismo 3.256 persoas. 353 visitaron o Espazo Museístico e na vinoteca vendéronse este pasado mes 2.545 botellas de viño.
 
28/08/2013
O Centro do viño da Ribeira Sacra segue promocionando os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Este xoves día 29, a partir das 20:00 horas presentamos o mencía "Verdes Matas" elaborado pola adega "Pena das Donas", situada en Pombeiro, no concello de Pantón e pertencente a Subzona de Ribeiras de Miño.
 
23/08/2013
Tres artesáns do téxtil pechan “Os sábados Artesans” do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Con esta iniciativa quixemos poñer en valor o traballo artesán e o propio espazo no que se desenvolveu a actividade, o “patio” do Centro do Viño. A actividade foi posible grazas a financiación da Deputación Provincial através do Centro de Artesanía e Deseño e a colaboración do Concello de Monforte.
 
21/08/2013
Este xoves día 22 de agosto a partir das 20:00 H. presentamos "Toalde"
Viticultura minimalista con criterios de preservación do terreo é a que se practica para elaborar este viño.
 
17/08/2013
Vascos e catalans principais visitantes da Ribeira Sacra nos primeiros quince días de Agosto.
Increméntase tamén o turismo de franceses e ingleses. Quenes veñen a pasalas vacacions coa familia aproveitan tamén para visitar a oficina de turismo e pedir información para coñecer mellor a riqueza turística da zona.
 
09/08/2013
3º edición dos Sábados Artesáns
Artesania de madeira nos “Sábados artesans” do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
 
07/08/2013
No Centro do Viño da Ribeira Sacra este xoves, 8 de agosto, presentamos "Adega Vella".
Un viño elaborado nunha adeg familiar do séculio XII. A presentación será a partir das 20:00 horas e encargarase da mesma, Jorge Feijoo González, responsable da adega.
 
02/08/2013
Seguimos cos "Sábados Artesans no Centro do Viño da Ribeira Sacra"
No Claustro do Centro do Viño veremos traballar os Oleiros Elías Prieto e Tomás Gómez de 11 da maña a 2 da tarde.
 
31/07/2013
O Centro do Viño segue promocionando os viños da D.O. Ribeira Sacra.
Este xoves día 1 de agosto a partir das 20:00 horas presentamos "Bail", un novo viño ecolóxico para esta denominación.
 
24/07/2013
Sabados Artesans no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Demostracións en vivo coas que dende o Centro pretendemos poñer en valor o traballo dos artesans. Serán os sábados polas mañas de 11:00 a 14:00 horas no Claustro do Centro do Viño.
 
17/07/2013
"Ladeira da Mata" será presentado este xoves no Centro do Viño
Da presentación encargarase o propio adegueiro as 20:00 horas
 
10/07/2013
Presentación do viño "San Mamed"
O xoves día 11 de Xullo, ás 20:00 h.
 
05/07/2013
Viño da Semana: Régoa
Adegas Régoa presentou onte os seus viños na tenda do centro do Viño
 
02/07/2013
Exposición de Carteis da Feira do Viño de Amandi
Inauguración: Xoves 4 de Xullo ás 19:30
 
26/06/2013
HORARIOS DE VERÁN NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA
Dende o pasado día 15 o Centro do Viño da Ribeira Sacra ten horario de verán
 
26/06/2013
O salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves a partir das 19:30 unha nova edición de Femivino.
Vintedúas mulleres de diversos ámbitos e profesions van a participar este xoves da segunda edición de Femivino superando a vintena de prazas que se ofertaban inicialmente.
 
25/06/2013
Xornada Enotécnica no Centro do Viño.
En colaboración co Consello Regulador, unha empresa portuguesa presenta unha xornada de enotecnia adicada aos adegueiros.
 
15/06/2013
Reunión de Alcaldes e Concelleiros Lucenses en Monforte
A reunión de alcaldes e concelleiros lucenses convocada por Severino Rodríguez ten lugar hoxe no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
 
13/06/2013
Turismo Internacional no Centro do Viño.
No que vai de xuño máis da metade dos visitantes ao Centro do Viño son extranxeiros.
 
12/06/2013
Xornada de Portas Abertas con motivo da festa de San Antonio

O Centro do Viño da Ribeira Sacra súmase a  celebración do San Antonio  cunha nova xornada de portas abertas e visitas gratuitas o museo do viño.

 
06/06/2013
2º FEMIVINO: Viño en Feminino
2ª Xornada de Introducción á Cata de Viños da Ribeira Sacra para Mulleres.
 
01/06/2013
Nova Xestión do Centro do Viño
Este sábado día 1 de xuño comenza unha nova etapa no Centro do Viño de Monforte
 
08/05/2013
Presentación do novo disco de LosArboles
LosArboles presentan o su segundo disco no Centro do Viño o día 31 de Maio.
 



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra