Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Este xoves día 5 de Decembro presentamos o Mencía Barrica "Don Diego"
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 04/12/2013
Trátase dun Mencía barrica da Subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra .Elabórase nunha ADEGA centenaria de carácter familiar situada nunha construcción que data do século XVIII. Os xestores actuais son a cuarta xeración da mesma familia dedicada á produción vitícola. Traballan unhas 4 hectáreas de viñedo nos bancais do Río Sil, en pendientes que que acadan o 70% de desnivel. Elaboran uns 7.000 litros de viño, entre Mencía e Godello, que sacan ao mercado co nome da ADEGA, “Viña Cazoga” ,a excepción de 900 litros de Mencía barrica que comercializan co nome de “Don Diego”. Este é precisamente o viño que nos vai presentar este xoves o adegueiro Jorge Enrique Carnero Fiuza que estará acompañado polo enólogo da ADEGA, Enrique Pérez Fernández. Unha boa ocasión para degustar e coñer algo máis sobre este viño elaborado no concello de Sober cun 95% de Mencía e completando o 5% restante con Merenzao e Tempranillo.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra