Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Este xoves día 12 de Decembro presentamos o viño Don Bernardino. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 11/12/2013
Esta adega apostou pola Denominación de Orixe dende os inicios, estreándose no mercado en 1992 con 2.000 botellas. A antiga edificación de pedra na que se habilitou, e na que se facía viño dende tempos pretéritos, foise ampliando e modernizando ata ter capacidade para producir 60.000 mil litros de viño. A modernización e ampliación da ADEGA foi proceso paralelo o incremento de superficie cultivada que pasou de media hectárea a dez, controlando outras 5 máis de pequenos viticultores da zona. Co producto que sae de estas viñas, Emilio Rodríguez Díaz comercializa coa marca “Don Bernardino” mencía, godello e viño de garda que introduciou xa no mercado en 1997. Agora estrea unha segunda marca “EL OTRO”. Elabora tamén augardentes e licores que comercializa co nome de “Docesono”. O traballo realizado é recompensado con numerosos galardons que recibe, tanto a nivel local como autonómico, nacional e internacional, ano tras ano. Esta ADEGA ven de ser noticia recentemente por estrenar nova etiqueta para o viño de barrica deseñada especialmente polo pintor Antón Patiño. Sobre esta e outras curiosidades da ADEGA teremos ocasión de coñecer máis datos na presentación de este xoves a partir das 20:00 H na vinoteca do Centro do Viño.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra