Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


A adega Ponte da Boga presenta este xoves no Centro do Viño “CAPRICHO DE MERENZAO”
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 12/02/2014
Ponte da Boga está situada no lugar do Couto, Sampaio, no concello de Castro Caldelas. Pertence a subzona Ribeiras do Sil da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O viño que van presentar este xoves é unha das xoias da adega, un tinto elaborado cen por cen con uva da variedade Merenzao, unha uva autóctona que poucas adegas vinifican sen mesturar con outras. Neste sentido cabe sinalar que foron pioneiros na elaboración de viños exclusivos feitos con esta variedade da que posuen unha das maiores extensions que hai en Europa. A elaboración deste Merenzao foi unha das grandes apostas da adega Ponte da Boga, que se embarcou neste proxecto asesorada polo prestixioso enólogo francés Dominique Roujou de Boubé, que apadriña outros importantes proxectos vitícolas en diversos puntos do país. Desta experiencia vitícola que Ponte da Boga desenvolve na Ribeira Sacra falará o director técnico da adega na presentación de este xoves. Unha boa ocasión para degustar e coñecer algo máis deste “Capricho” que presentará acompañado de queixo de Queserias Prado.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra