Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 20 de Marzo a presentación do viño “Quinta Toucedo”.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 19/03/2014
Esta adega da subzona de Quiroga – Bibei, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, preséntanos nesta ocasión un viño Mencía da colleita do 2012, criado en barrica durante 10 meses. Co asesoramento técnico do enólogo Luis Buitrón a adega Atrium Vitis foi pioneira, na Denominación de Orixen Ribeira Sacra, en sacar ao mercado un viño Alvariño, Pacio de Donas, fermentado e criado sobre lías en barrica de carballo francés. Un viño que deron a coñecer no Centro o pasado mes de novembro. Agora achegan outra novidade, o tinto de garda “Quinta Toucedo” e próximamente sorprenderánnos cun Mencía xoven do que en primicia adiantarán algo na presentación deste xoves. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man as novas elaboracións desta ADEGA ubicada no lugar que dá nome o Mencía Barrica, en Toucedo, Quiroga. E que empezou a funcionar no 2012 co fin de non deixar perder a tradición familiar de varias xeracións adicadas o cultivo da vide e a elaboración de viño. Sen perder a esencia do artesán, profesionalizan técnicas para conseguir unha maior calidade, algo que estan dispostos a demostrar na cata presentación deste xoves día 20, na vinoteca do Centro a partir das 20H.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra