Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Humor gráfico adicado ao viño.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 26/03/2014
Esta mostra confórmase a partir dunha colección de ilustracións de humor gráfico referidas ao mundo do viño e que o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, amablemente prestou para a súa exposición pública. Na mostra podemos ver viñetas que debuxaron Gogue, Siro, Xose Manuel, Xaquin Marín, Santy Gutiérrez, Xose Lois ou Manolo, entre outros artistas, tendo ao viño como fío condutor para desenvolver unha mensaxe humorística e satírica. Moitas das viñetas son agasallos que os propios debuxantes fixeron ao concello Soberino coincidíndo coa celebración da Feira do Viño de Amandi, a máis antiga da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Dende o Centro do Viño aproveitamos a proximidade de dita feira para realizar esta exposición a modo de achegamento e promoción a vez que realizamos un percorrido pola súa historia, dende o punto de vista do cómic e a caricatura. Deste xeito, grazas a colaboración do concello de Sober, queremos facer a nosa aportación á promoción dos viños da subzona de Amandi. O humor gráfico é unha forma de comunicación visual, que se vale da ilustración para abordar de xeito cómico temas ou conceptos. É un canal directo entre o sentido do humor do debuxante e o do propio espectador e tanto a Feira do Viño de Amandi como o propio viño, foi e segue sendo tema recurrente para os debuxantes. Poderáse comprobar nesta exposición que se inaugura no Centro do Viño este xoves día 27 as 20:00 H. Unha exposición que poderá ser visitada na Galeria do Centro ata o día 24 de Abril.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra