Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Algueira presenta no Centro do Viño o Mencía de garda en carballo galego e o plurivarietal Cortezada.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 02/04/2014
Do Mencía Algueira Carballo Galego é a segunda colleita que comercializan. Un crianza que empezaron a elaborar de forma experimental en barricas de carballo galego, dentro dun proxecto de investigación que iniciaron en colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e a de Castilla la Mancha e que agora é continuado de xeito independente pola adega. O obxetivo é demostrala indoneidade do carballo autóctono para a elaboración de viños de garda. O resultado considérase moi satisfactorio como se poderá comprobar na cata presentación deste xoves. Acto no que se vai facer unha cata vertical de Algueira Carballo Galego coas dúas únicas anadas que sacaron, 2009 e 2011, para que se poda vela evolución deste viño ó longo do tempo. É a primeira cata vertical que se vai realizar no Centro do Viño. Os responsables da adega presentarán tamén este xoves día 3 as 20H a nova anada do Cortezada 2012, un branco plurivarietal elaborado con Godello, Albariño e Treixadura. A adega Algueira apostou dende os seus inicios pola innovación e a investigación e bó reflexo diso son as distintas elaboracións que teñen no mercado e que teñen acadado numerosos premios. Apostan por variedades autóctonas para facer viños moi persoais e basean a súa produción exclusivamente en uva procedente dos seus propios viñedos ubicados nas ladeiras do Río Sil, na Subzona de Amandi, en Doade.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra