Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza unha cata comparativa de viños.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 19/04/2014
Para a cata comparativa de Mencías utilizaránse 8 viños de outras tantas Denominacións de Orixe. Son viños da Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras, Monterrey,Rías Baixas, Bierzo,Catabria e Asturias. Para a comparativa de Albarín cataránse 5 viños: 2 de Asturias e 3 de León. A cata estará dirixida polo enólogo Luis Buitrón, enólogo de adegas de varias das Denominacións de Orixe Vitícolas de Galicia, pero tamén de viños das terras do Bierzo, León, Asturias e Cantabria. Luis Buitrón é ademais Vicepresidente da Asociación Galega de Enólogos. Os participantes terán a oportunidade de catar e comparar viños que coa mesma variedade se elaboran en distintos puntos da xeografía galega e outras comunidades próximas para analizar diferencias entre unhas elaboracións e outras e os rasgos máis distintivos que se poden atopar nestas variedades en función da procedencia. A Mencía é a variedade preferente na D. O. Ribeira Sacra, pero tamén noutros puntos do no Noroeste Peninsular e trátase coa cata de establecer diferenzas e similitudes entre os mencías de unhas denominacións con outras. O mesmo no caso dos viños brancos elaborados coa variedade Albarín. Unha variedade autóctona de Asturias que se adaptou moi ben na zona de León e coa que están elaborando viños que gañan cada vez máis espazo nos mercados polo que pretendemos nesta cata que tamén se coñezan vinificacións diferentes de zonas próximas e que teñen moi boa aceptación. Os que desexen participar nesta cata comparativa teñen de prazo para inscribirse ata o venres día 25. As prazas son limitadas. Para máis información dirixirse o Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 303.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra