Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 8 de Maio a presentación do viño “Preanes”.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 06/05/2014
Trátase dun Mencía da D. O. Ribeira Sacra, que se presenta como Edición Limitada porque tan só sacan ao mercado 1.799 botellas. A adega elaboradora, Preanes, está situada no lugar da Eirexe en Mourelos, O Saviñao. Foi posta en marcha por iniciativa dun grupo de amantes da viticultura que se xuntaron baixo a dirección técnica do enólogo e viticultor Roberto Regal para manter viva a tradición vitícola de terreos que só coñeceron o cultivo da vide ó longo da historia. Os viñedos cos que conta esta Sociedade son o Preanes e As Oubenzas, situados nas Ribeiras de O Saviñao, na parroquia de Pesqueiras, onde as pendentes acadan o 70% de inclinación. Complexa e diversa orografía, típica da viticultura heróica que se practica na Ribeira Sacra e que pretenden lle outorge o producto final distintos matices organolépticos que se poderán descubrir na cata deste xoves día 8 de Maio no Centro do Viño as 20H. Nun acto do que participará un dos promotores da adega, Jorge Rois e o enólogo Roberto Regal.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra