Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro Mencía. Espectáculo de narración oral sobre o viño.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 18/05/2014
O viño, sexa un Mencía ou un Godello (que ten certo parecido co francés aquel, o bordelés do Médoc), sexa de Chantada ou de Monforte, non naceu para ser contado: naceu para ser bebido. E precisamente o único que supera a ledicia do bebedor é a ledicia do propio caldo alcohólico ao cabalgar pola gorxa abaixo de quen o bebe. Ou alomenos iso dicía Baudelaire, que ten nome de embalse: Baudelaire, Belesar, que máis ten? Tomarlle outra. Un vaso de viño facilita a dixestión e axuda a se repoñer das anemias; dous erguen o espírito e con máis de tres, lume a feito. O viño é unha forma de vida (e unha forma bebida), e tamén a mellor forma da vide, que xa coa súa feitura parece dicir que a terra estivo inspirada. Beber ou non beber? Esa é a cuestión. Pero a polémica (shakesperiana ou treixadura, non lembro)vén de lonxe: xa na Grecia se discutía se conviña beber para que as musas voasen máis baixo. Dicía San Paulo que o viño é obra de Deus e a bebedeira obra dos homes. Sexa como for, contan que un día entraron á taberna de Parada de Sil a avisar a un dos de Yravedra, que xa non remexía a lingua, de que se perdera seu fillo de oito anos e non volvera á casa. E o home, sen deixar de beber, ergueu o vaso, e campanudo dixo o brindis: “Pois deixádeo ir! Buena suerte, Miguelito!” Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro de Mencía é un percorrido literario e sentimental polos contos e historias en que o viño é quen toma as decisións. A beleza, o medo, o amor, a morte. E a risada. Viño da casa, pan e postre. LOIS PÉREZ.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra