Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O Centro é un punto de encontro coa cultura do viño.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 22/06/2014
Para facilitar un mellor coñecemento das adegas e do viño que estas elaboran, dende o Centro organizamos presentacions semanais cunha participación media de 35 persoas, chegando con estes actos a máis dun millar de persoas. Presentáronse, neste ano de xestión, 65 viños pertencentes a 31 adegas pero tamén outros productos como a xenebra Ana elaborada por Adegas Moure que se encargou de combinar o Barista Damián Seijas e o vermú Nordesía en cuia elaboración participa a adega Via Romana e que nos axudou a descubrir o sumiller David Neira nunha velada que amenizaron musicalmente os integrantes de Paquita la Maniática. A vinoteca do Centro, onde se realizaron a maioria das presentación, é o mellor escaparate que teñen os viños desta Denominación de Orixe. Neste último ano vendéronse nesta tenda 10.170 botellas de viño e 880 unidades de outros licores. En ningún outro lugar podemos atopar xuntas tantas marcas de viños da Ribeira Sacra con 200 referencias para escoller. 163 son marcas de viño e o resto de licores que elaboran adegas da zona. 58 son marcas de viño da Subzona de Amandi, 37 de Ribeiras de Miño, 23 de Ribeiras de Sil, 27 de Chantada e 18 da Subzona Quiroga – Bibei. Un catálogo de viños con servizo a domicilio, sin custo adicional para o cliente, a calquera punto de España, cun pedido mínimo de 12 botellas. Através deste servizo vendéuse máis dun 10% do viño despachado nesta vinoteca.Máis dun millar de botellas que se entregaron en 63 localidades diferentes. Coa próxima posta en marcha da tenda “on line” agardamos incrementar de xeito sustancial esta porcentaxe.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra