Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Nos tres meses de verán vendéronse na vinoteca do Centro 4.633 botellas de viño acollido a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 04/09/2014
Os viños premiados en distintas catas ou mellor puntuados en guías recoñecidas a nivel nacional e internacional son os que máis se venden. Hai 12 marcas en concreto das que se venderon nos tres meses máis de un cento de botellas superando nalgún caso as 300. Medio millar das botellas vendidas foron enviadas a 33 puntos diferentes do país a través do servizo,que sen custo para os clientes, ten establecido a vinoteca dende que reabriu as súas portas fai algo máis de un ano. Incrementouse a venda de viño a medida que se foi afianzando a propia tenda e aumentando nela as referencias, non só de viño si non tamén de licores. Destes últimos vendéronse 370 botellas de 32 marcas diferentes, rexistrando os últimos tres meses un incremento de casi un 15% con respecto o mesmo período do pasado ano. A vinoteca do Centro do Viño oferta tamén productos típicos. 200 unidades de 40 productos diferentes. Neste caso o que máis de vendeu foi aceite de Quiroga, oleiría de Gundivós e Mel da zona. Cando en xuño do pasado ano a empresa Rutas Sacras Nomar Ute se fixo cargo da xestión do Centro do Viño a vinoteca levaba varios meses pechada. Dende a súa reapertura rexistrou incremento xeral nas vendas consolidándose como o establecemento de referencia para os que queren mercar viños acollidos a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Amplía vendas a medida que incrementa o catálogo de viños grazas tamén a confianza que na empresa xestora do Centro depositan os adegueiros desta Denominación.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra