Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Xornada Técnica sobre a evolución dos Espazos Comerciais.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 19/11/2014
O encontro pretende analizar a evolución dos Mercados e das Prazas de Abastos, e a súa adaptación ás demandas do consumidor actual. Esta xornada converterá a Monforte na capital da transformación do sector dos mercados municipais. A xornada comezará ás 9:30 h coa inauguración por parte do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, e da directora xeral de Comercio, Sol Mª Vázquez Abeal. Ás 10 terá lugar o primeiro relatorio, da man de Dioscorides Casquero, Consultor chegado dende Zaragoza, que poñerá sobre a mesa as tendencias comerciais actuais. Falará, entre outras cousas, das solución adoptadas por algunhas Prazas de Abastos e Mercados ante a crise do comercio tradicional en sentido estrito. Ás 10:30 comezará o primeiro Panel de Experiencias, no que se afondará sobre a idea de remodelar ou reinventar os Mercados e Prazas. Aproveitarase para analizar as boas prácticas levadas a cabo, e os resultados de iniciativas novidosas postas en marcha con éxito nalgúns lugares. Os relatores son Yolanda Vázquez, que representa ao Mercado de San Antón en Madrid, que viviu un cambio de imaxe global e abriu as súas portas no ano 2011, Ana Gómez, do Mercado de Bom Sucesso en Oporto, remodelado no ano 2013, e Marta Rey do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela modernizado neste ano. Ás 11:30 comezará o segundo Panel de Experiencias, centrado esta vez en analizar o papel dos mercados como escaparates dos produtos locais. Asistirán como relatores: Julio Morandeira, da Praza de Abastos de Lugo, Sandra González, en representación do Mercado de Tomiño, e Sonia Cabodevila, da Praza de Abastos de Bueu. O último Panel de Experiencias, ás 13:00 horas, que poñerá o broche de ouro a esta xornada, xirará entorno aos proxectos innovadores que permiten fomentar o comercio. Presentaranse experiencias singulares postas en marcha para revitalizar o comercio minorista e dinamizar así a vida das cidades. Nesta última mesa, participarán, Gemma Canalias de Espais Actius, en representación do Concello de Olot, Chao Quintana, de Rural Consulting, en representación dos Mercados de Monforte, e Pedro Reig Catalá, da empresa Coto Consulting.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra