Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O Centro do Viño traballa por ser Centro de referencia na Ribeira Sacra.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 17/02/2015
A tenda do Centro é o mellor escaparate para os viños da Ribeira Sacra e o longo do 2014 vendéronse nela 11.426 botellas de viño, 926 licores e 529 unidades de outros productos. Fixéronse 150 envíos a diversos puntos de España. Ventas por todo o territorio nacional que se facilitan tamén a través da páxina: http://centrovino.es/video/ O longo do 2014 presentáronse no Centro 44 viños pertencéntes a 18 adegas, o vermú Nordesía e a xenebra Ana. Organizáronse catas de iniciación e perfecionamento, nove en total, unha cata de viños da D.O. premiados no 2013, cata de brancos elaborados con variedades autóctonas, dúas catas de uvas e unha cata de escumosos, ademáis da “Cata de viños Patrimonio Ribeira Sacra” con boa parte das referencias que hai na tenda. Promoveuse dende o Centro a I Edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra e para facilitar un mellor coñecemento do territorio desenvolvéronse unhas “Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra” que incluíron 7 charlas. Celebramos a festa do 5º aniversario do Centro con Mesa Redonda incluida sobre o mesmo, con xente que estivo implicada na súa posta en marcha. Para facilitar o achegamento dos escolares a este espazo e o resto da Ribeira Sacra, promovéronse tamén ao longo do 2014, 12 Talleres para escolares. O Centro foi tamén escenario para un espectáculo de Narración oral, un monólogo, sobre o viño. Acolleu o Desfile de moda “Arte en Movemento” e os “Sábados Artesáns” con demostracións en vivo, todolos sábados de Agosto, de diversos oficios artesáns, iniciativa que se completou coa celebración dunha "Feira de Artesanía" no Claustro do Centro. O longo do 2014 presentáronse no Centro do Viño 5 libros e a Galeria do Centro acolleu tamén 9 exposicións.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra