Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Segundo ano de xestión da empresa Rutas Sacras Nomar no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 12/06/2015
O Centro do Viño segue sendo un Centro de referencia para quenes visitan Ribeira Sacra, atendendo no último ano a máis de 11.600 persoas. O Museo foi visitado por máis de 3.000 persoas. O Centro segue tamén contribuindo á dinamización cultural e artística da zona. Nos últimos doce meses organizáronse neste Centro sete conferencias. Albergou outras tantas exposicións, desenvolveu varios obradoiros artesáns e unha feira de artesanía. Catro autores presentaron no Centro do Viño os seus libros e institucións e asociacións varias, escolleron este espazo para presentar ou realizar actividades propias. A promoción do viño da Ribeira Sacra segue sendo un dos eixos fundamentais e para tal fin organizouse por segundo ano consecutivo a Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra e por primeira vez a Cata-Concurso “Patrimonio Ribeira Sacra” na que participaron 110 viños de 55 adegas desta denominación. Outra canle de promoción é a plataforma de venta electrónica que se puxo en marcha hai catro meses habilitándose un código QR que dá acceso a un video promocional da zona de producción vitícola. Presentáronse no Centro nos últimos 12 meses viños de seis adegas e organizáronse media dúcia de catas de viños, escumosos e augardentes.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra