Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Cata de Uvas e Viños de variedades tintas
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 13/09/2015
A diferencia das anteriores, esta será unha cata especial xa que ademáis de catar uvas, catarase tamén o viño monovarietal que se elabora con cada unha das variedades seleccionadas e que nista ocasión serán todas variedades tintas. A cata farase con uvas das variedades Mencía, Merenzao, Brancellao, Garnacha, Sousón, Caiño e Tempranillo. Como ademáis das uvas, a proposta deste ano pasa por ir catando tamén os viños que se elaboran tras vinificar cada unha das variedades citadas, seleccionáronse para este acto, viños representativos de cada unha delas, e de case todalas zonas vitícolas de Galicia, incluida por suposto a Ribeira Sacra. Elaboracións moi coidadas e mimadas polos adegueiros. Algunhas case experimentais. A maioría viños de producción limitada, viños exclusivos, de alta gama, polo que esta cata se presenta como unha ocasión única para degustalos e coñecer mellor as características de cada un deles así como da uva coa que foron elaborados. Unha boa maneira de comparar a orixe do producto e o resultado final. Selecciónáronse para a cata as variedades de uvas tintas máis empregadas para elaborar viño en Galicia co fin de profundizar no seu coñecemento. Algunha moi coñecida como a Mencía, pero outras non tanto por elo, co fin de aprender a distinguilas e aprecialas mellor, con cada uva que se analize catarase un viño desa mesma variedade para deste xeito, comprobar o resultado da súa vinificación e os cambios que se producen nese proceso. A cata terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra, na Rua do Comercio, nº6 de Monforte de Lemos. Será o sábado día 19 de setembro ás 18:00 horas. Estará dirixida por Alfonso Losada Quiroga, Xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. As uvas da cata serán seleccionadas nos cultivos de variedades que ten a propia Estación en Leiro. O prezo de inscripción é de 15 euros e as prazas son limitadas polo que os interesados en participar deben inscribirse canto antes no Centro do Viño. Máis información no teléfono 982 105 303.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra