Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Resultados da 2ª Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 28/11/2015
Os viños de Regina Viarum e Dn Bernardino son os grades triunfadores da 2ª edición da Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” celebrada os días 27 e 28 de novembro no Centro do Viño. Estas dúas adegas repártense 6 dos 7 premios “Gran Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes a medalla de ouro e recibirán tamén 3 trofeos “Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes a medalla de prata. Dous Regina Viarum e o terceiro a adega de Dn Bernardino coa marca Finca Mezquita. En total repartíronse 22 premios que as adegas gañadoras recibirán próximamente nun acto con data ainda por determinar. Nestes intres, en colaboración do IES Daviña Rey, o Centro do Viño traballa na impresión en 3D dos trofeos correspondentes. Dende o Centro do Viño agradécese a colaboración de todalas adegas participantes e de todolos integrante do panel de cata asi como do sumiller Bruno Lovelle que se encargou do servizo xunto co persoal do Centro. A lsita de premiados é a seguinte: TINTOS 2014 FINAL: "GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Regina Viarum, Dn Bernardino, "PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Os Cipreses, Alba Ponce, Finca Cuarta, Guímaro, Moreiras Selección. BRANCOS FINAL: "GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Regina Viarum Godello, Abadia da Cova Albariño "PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Viña Garoña, Abadia da Cova Godello, Velúveyra y Sollio. TINTOS BARRICA E OUTRAS AÑADAS: "GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Regina Viarum Expresión 2011, Don Bernardino 2011 "PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Proencia 2009, Regina Viarum Ecológico 2012, Finca Mezquita 2012, Sombrero. MAGNUM: "GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Don Bernardino 2011 "PATRIMONIO RIBEIRA SACRA" Regina Viarum 2014, Finca Cuarta 2014 Felicidades a todolos premiados. Na foto os membros do panel de cata coa mesa do xurado e parte do persoal que se encargou do servizo.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra