Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


II Xornada Micolóxica de recolección e degustación de cogomelos e viños da Ribeira Sacra.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 06/11/2016
Con esta iniciativa dende o Centro do Viño preténdese facilitar aos participantes a posibilidade de incrementar coñecementos sobre os cogomelos, como diferencialos e clasificalos, por medio dunha saída ó campo para recolectalos acompañados por un especialista na materia. Esta xornada estará impartida por Carlos Pérez, de Terras de Maria Castaña, Técnico Superior na Organización e Xestión dos Recursos Naturáis e Paisaxísticos. A Xornada inclúe almorzo, charla técnica introductoria, entrega de documentación, xantar, visita explicada ao Centro de Interpretación, introducción á cata de viños, e degustación de pratos con cogomelos maridados con viños da D.O. Ribeira Sacra. En definitiva, un achegamento ós sabores do outono, dende a orixe á presentación final do producto no prato harmonizados cos nosos viños. Para a elaboración dos pratos contaremos nos fogóns con Carlos González, actual xefe de cociña da tapería do Centro do Viño e Restaurante Merenzao. As prazas son limitadas e o prezo de inscripción é de 40 €. O precio inclúe o almorzo, documentación, guías da comarca, xantar, entrada ao museo, cata de viños e degustación dos pratos. Para máis información os interesados deben dirixirse ao Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 30
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra