Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


O salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves a partir das 19:30 unha nova edición de Femivino.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 26/06/2013
A iniciativa está promovida polo Centro do Viño da Ribeira Sacra que prentende deste xeito facilitar que as mulleres poidan ampliar coñecementos sobre o mundo do viño, un mundo maioritariamente masculino. Ensínanse nocións básicas para catalo e disfrutalo mellor, a vez que se fai un achegamento a propia Denominación de Orixe con explicacións sobre as características de cada unha das subzonas incluindo datos sobre o que aporta cada unha delas o producto final tendo enconta orientación, clima, solo e por suposto variedade. As participantes terán ocasión de comprobalo catando un viño de cada subzona. Da Subzona de Amandi: Regoa TN (barrica) Da Subzona de Chantada: Via Romana Da Subzona de Quiroga – Bibei: Lalama (barrica) da adega Dominio do Bibei Da Subzona Ribeiras de Miño: Abadía da Cova, de Adegas Moure Da Subzona Riberias do Sil: Ponte da Boga A cata comenzará a partir da 19:30 e estará dirixida pola enóloga Laura Lorenzo Domínguez, gran coñecedora destes viños e deste territorio no que desenvolve a súa actividade laboral. As participantes recibirán como agasallo, por xentileza do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, unha guía da Denominación . Dende o Centro do viño da Ribeira Sacra preténdese constribuir a posta en valor do territorio facilitando un maior coñecemento do mesmo. Niste caso profundizando no producto estrela da zona, o viño, un dos principais motores económicos deste espazo xeográfico. Tentando achegar ó mesmo, ó sector que menos coñecemento ten del, como é o feminino. Ainda que as mulleres traballan nas viñas e unha alta porcentaxe delas son propietarias dos terreos, tan só hai 7 titulares dalgunha das 94 adegas inscritas no Consello Regulador. O consumidor final do producto segue sendo tamén maioritariamente masculino pero atopamos cada vez máis mulleres interesadas neste mundo e por elo plantexamos esta cata
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra