Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


No Centro do Viño da Ribeira Sacra este xoves, 8 de agosto, presentamos "Adega Vella".
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 07/08/2013
Adega Vella está situada no pobo de Abeleda, no concello de A Teixeira. Nunha edificación de pedra que data do século XII. Nesta adega elabórase viño xove, tinto e branco, que se comercializa co nome da adega, e viño de garda, que sae o mercado, un co nome de “Adega Vella” con 12 meses en Barrica e “Baluce” que pasa por barrica 6 meses antes de comercializarse. Cultivan en bancais, pola propia orografía do terreo, 6 hectáreas de viñedos propios onde predomina a variedade mencía pero atopamos tamén brencellao, mouratón e godello. Adaptados os tempos modernos, elaboran seguindo a tradición familiar coa que pretenden ofertar un producto que lembre o “viño de sempre”. Para a elaboración dos seus viños non utilizan equipos de frío e fermentan en depósitos de aceiro inoxidable non superior a 4.000 litros. As fermentacións son entre 18º e 25º controlándo a temperatura refrixerando con auga corrente por medio de ducha. O resultado é un viño que califican de “sabroso e natural” e que presentarán este xoves día 8 de agosto. O acto será as 20:00 horas, na propia tenda do Centro do Viño. Adega Vella” pertence a Subzona de Ribeiras do Sil, da Denominación de OrixeRibeira Sacra.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra