Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Este sábado damos continuidade ó Taller de fotografía: ”Vendimas na Ribeira Sacra” que encetamos o pasado sábado día 5.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 10/10/2013
O sábado día 5 o taller, dirixido polo fotógrafo Nacho Gómez, desenvolveuse polas Ribeiras do Sil. Este sábado día 12 servirán de escenario as ribeiras do río do Miño, pola zona de A Cova, Belesar e ribeiras Chantadinas. O monitor do taller será o fotógrafo Manuel Valcárcel (Piro), que recibirá os participantes no Centro do Viño as 10 da maña. No salón de actos do Centro terá con eles unha primeira toma de contacto para explicarlles o que se vai facer o longo do día e darlles unhas nocións básicas sobre fotografía e sobre como captar as mellores imaxes das vendimas e da Ribeira Sacra nesta época. Despois da charla no Centro, que inclúe visionado dalgúns dos traballos feitos polos profesionais que dirixen o taller, un autobús recollerá os participantes para trasladalos á ribeira e que sobre o terreo poidan facer fotografías ata a hora do xantar. A comida será na Rectoral de Castillón. Pola tarde, despois de visitar Adegas Moure, de novo os participantes terán a posibilidade de seguir facendo fotografías da ribeira ata que haxa luz. Logo volta a Monforte no autobús que os vai acompañar o longo de toda a xornada para facilitar o traslado de uns puntos a outros. A actividade inclúe un concurso entre os participantes que poderán presentar cada un deles 5 fotografías. Establécense tres premios: unha caixa de viño de 12 botellas da D.O Ribeira Sacra para o gañador e 2 accessit consistentes cada un deles nun lote de 6 botellas de viño da D.O. Ribeira Sacra. O prezo de inscripción é de 20 euros e o prazo remata este venres día 11. Máis información no Centro do Viño ou no teléfono 982 105 303.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra