Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Adega do Mollón presenta este xoves día 17 de outubro no Centro do Viño o tinto “POMBARES”
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 17/10/2013
Esta ADEGA creóuse en 1999 e está situada na parroquia de Viñoás, no concello de Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense. Pertence a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Subzona de Ribeiras do Sil. Adega do Mollón, posue catro hectáreas de viñas das cales 2,5 están en plena produción. As viñas estan situadas nas ladeiras do Río Sil e nelas cultivan Mencía, Garnacha e Tempranillo para a produción de viño tinto e Godello, Treixadura e Alvariño para o blanco. A produción da ADEGA está orientada a viños xóvenes ainda que nunca embotellan as elaboracións antes dos 6 ou 9 meses, segundo sexa blanco ou tinto, buscando asentamento e equilibrio no producto final e despois de ser sometidas as uvas a un proceso de fermentación controlada para poder extraer todalas propiedades aromáticas da froita. O resultado é un viño de autor aromático, suave e afroitado. Ademais de viño blanco e tinto, que comercializan co nome de POMBARES, esta ADEGA vende tamén, coa mesma marca comercial, augardente, licor café e licor de herbas. O viño mencía que Adega do Mollón nos presenta este xoves as 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño é un viño de autor elaborado fundamentalmente con uvas da variedade Mencía producidas en viñedos propios e ten acadado varios premios. O acto de presentación está aberto o público. A todos aqueles que desexen seguir coñecendo os viños que elaboran as adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Este é o obxetivo que se marcou con esta actividade a empresa xestora do Centro do Viño, Rutas Sacras. Comenzáronse a facer presentacións o día 4 de xullo e despois de telas suspendido nas últimas tres semanas por mor das vendimas recuperámolas estes xoves coa presentación de POMBARES.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra