Información

Club do Viño

Contactar

Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Novas do Centro


Este xoves día 21 de novembro as 20:00 horas presentamos o viño Cividade.
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 20/11/2013
Esta ADEGA foi fundada en 1991. Ten capacidade para 22.000 litros aínda que na actualidade elaboran 10.300 litros de Mencía e 300 litros de Godello, cun 90% de uva propia e o resto mercada, sempre, polo propio viticultor. O viño que comercializa esta ADEGA leva o nome dunha viña que posúe ao carón do Río Sil, na entrada aos Canóns, unha viña na que acada a máxima expresión a denominación de “viticultura heroica”. A parcela que lle dá nome ao viño desta ADEGA, “Cividade” está situada nunca das zonas máis abruptas da Ribeira Sacra. Unha zona de moi difícil acceso e de moita pendente. O máis sinxelo é acceder á viña en barca e esta é a fórmula que se utiliza para sacar as uvas na vendima. Antigamente sacábanas en cestos, ao lombo, tardando o porteador hora e media en chegar ao lugar de carga máis próximo e tendo que parar en cada viaxe ata tres veces para descansar.
 
[voltar ao listado de novas]



Galego   |  Castellano  |  English Ver VideoTapa - Centro do Viño

Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra

wordpress

Twittwer

Consello Regulador - Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Concello de Monforte de Lemos

Lugo Terra, de todo natural

Ribeira Sacra Rural

IX Congreso de los museos del Vino

Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra